Somos o catalizador para que os teus proxectos se materialicen e o teu negocio sexa máis competitivo

A través da análise e do deseño estratéxico converterémonos no teu departamento de desenvolvemento de negocio e traballaremos contigo no modelo da túa actividade para identificar, crear e desenvolver novas oportunidades. Tanto se estás a dar os primeiros pasos na túa aventura emprendedora coma se xa a consolidaches, e sexa cal sexa o teu sector, estamos seguros de poder axudarche.

QUERO COÑECERVOS

Na metodoloxía de desenvolvemento estratéxico que propoñemos desde Qanu21 os chapeus son a metáfora doutros conceptos: representan ás diferentes áreas de xestión, son un reflexo das múltiples ópticas que adoptaremos para desenvolver unha visión común. E, como podes ver no noso post de Al margen, os chapeus tamén representan as nosas habilidades como innovadores, facilitadores, expertos, expertos en estratexia, creativos…

Diferentes roles, diferentes chapeus

QUERO COÑECERVOS

Ao converternos no teu departamento de desenvolvemento de negocio, axudámosche a deseñar e implantar accións a medida

Todos os negocios se sustentan sobre tres piares fundamentais

Que?

A quen?

Como?

Os teus «que», «a quen» e «como» serán o punto de partida a través do que che axudaremos a avanzar cara a onde queres ir, consolidar a túa posición e facer que crezas. Partindo da análise da túa carteira de produtos e servizos, a identificación dos teus clientes e mercados e o estudo dos teus procesos -xunto coa necesaria análise externa- propoñerémosche diferentes solucións para que poidas elixir cales desenvolver xuntos; desde plans comerciais e de márketing, novas formas de facer, abordar a dixitalización, …

CONTACTAR

Axudarche a través do noso coñecemento e creatividade, poñendo a alma.

Nothing found.

Somos persoas que traballamos con persoas, creando e medrando xuntos    |