Traballamos contigo no desenvolvemento do teu negocio e a súa evolución

Planificación estratéxica

Moitas veces a falta de tempo, a necesaria optimización de recursos, o estar «metido» no día a día da organización, a sobrecarga de traballo… convértense en auténticos freos para pensar: cara a onde quero levar o meu negocio? En Qanu21 queremos axudarche a enfocar a resposta e facela realidade. Faremos aquilo que ti nos confíes. Somos un pequeno negocio e cada cliente, cada proxecto, é único para nós.

Traballaremos xuntos na planificación estratéxica do teu negocio, para provocar e vivir contigo o cambio.

CONTACTAR

Non só identificaremos liñas de actuación, senón que materializaremos as diferentes accións.


Proceso

Propoñémosche un proceso no que pensar e actuar van xuntos. Na reflexión faremos uso de ferramentas de consultoría estratéxica como a análise das forzas competitivas, a cadea de valor, ou os factores clave do éxito, entre outros.

Acción

Uniremos os nosos talentos e os dos teus equipos cos da nosa rede de colaboradores á hora de dar forma aos proxectos.

Compromiso

O noso compromiso vai máis aló de xerar alternativas nun plan estratéxico do “que se debería facer”, senón que, como catalizadores, aceleraremos a implantación, provocando e vivindo contigo o cambio.


Propoñémosche un proceso no que pensar e actuar van xuntos. Na reflexión faremos uso de ferramentas de consultoría estratéxica como a análise das forzas competitivas, a cadea de valor, ou os factores claves do éxito, entre outros.

Qué facemos?

Que entendemos por Negocio?

Sen dúbida hai múltiples respostas a esta pregunta, cada empresa terá a súa e todas son certas. Esta diversidade levounos a implantar un método contrastado que permite entender e abordar o desenvolvemento do teu negocio dun modo práctico e efectivo.

Como o facemos?

Aplicando técnicas de análise e diseño estratégico, que nos permiten entender cómo es tu negocio y forma de trabajar. , que nos permiten entender como é o teu negocio e a túa forma de traballar. Isto axúdanos a determinar o punto de partida. Coñecer os teus obxectivos é a outra peza fundamental para que poidamos deseñar as propostas, orientadas á xeración de oportunidades.

Para nós, todos os negocios se basean sobre tres piares fundamentais:

QUE?

Os produtos e servizos que ofrecemos

A QUEN?

Clientes e mercados aos que nos diriximos

COMO?

Procesos, cadea de valor e tecnoloxía

Estes tres interrogantes son o punto de partida a través do que che axudaremos a avanzar cara a onde queres ir, consolidar a túa posición e facer que medres.

Os teus que, a quen e como son a nosa materia prima.

En que poderemos traballar xuntos?

En afrontar os freos que supoñen os «non teño tempo», «non teño xente», «non sei como facelo», «non sei por onde empezar», «o día a día cómeme»…, á hora de abordar os diferentes proxectos importantes para ti. Converterémonos nese tempo, nesas persoas, nese coñecemento… nos que te soster para deseñar os teus proxectos e, xunto a ti, darlles forma.

Como bos galegos que somos, a resposta é: en que queres que te axudemos?

Poderémosche axudar:

1. No teu proceso de dixitalización

Seremos os intérpretes das túas necesidades reais, os interlocutores coas empresas de implantación de solucións tecnolóxicas. Non se trata de dixitalizar porque «sexa unha moda», senón de buscar aquelas ferramentas e formas de facer que, aproveitando a tecnoloxía, che permitan ser máis eficaz e competitivo.

2. A detectar novas oportunidades que te axuden a crecer

Ti coñeces o teu negocio mellor ca ninguén. E será precisamente o coñecemento que compartas connosco o punto de partida. Pero tamén estudaremos que se fai no teu sector e, deste xeito, identificar tendencias ouque fan os teus competidores e, deste xeito, presentarche propostas de desenvolvemento de produto, servizo ou novos tipos de clientes aos que chegar. Ademais, analizaremos posibles sinerxias con outras empresas e entidades para a creación de relacións sólidas e frutuosas.

3. A establecer novas formas de facer

Orientando todas as accións a incrementar o «valor para o cliente» En consonancia co “como”, analizaremos que procesos seguides, onde están os atrancos, que podemos automatizar ou facer doutro xeito,… Un exercicio que nos parece moi interesante á hora de re-pensar o que se fai e no que apostamos por profundar nos diferentes procesos e as tarefas, implicando ás persoas que as realizan. O obxectivo é atopar a “fórmula do valor” para a túa empresa, para que en cada interacción cos teus clientes lles ofrezas aquilo que están a buscar, non menos.

En definitiva, crearemos un espazo en branco contigo, no que reflexionar, buscar solucións e deseñar os plans que materializaremos para conseguir os obxectivos que estás a buscar.

Pero o único modo de saber en que podemos axudarche é escoitándote

FALAMOS?