MERAKI, do grego: facer algo con amor e creatividade, con toda a alma
Se estiveches navegando pola web antes de chegar aquí, comprobarías que nos gusta facer preguntas, de feito, a primeira delas é: en que che podemos axudar? Por iso, a pregunta é a base do noso método.
Definimos unha forma de traballar sinxela e eficiente para a obtención de resultados.
A nosa forma de traballar pódese formular así:
Preguntar
Para coñecerte, para entender a túa problemática, para comprender o teu negocio, para identificar as túas preocupacións, intereses e obxectivos. Para escoitar, para crear un espazo de reflexión.. O obxectivo final tradúcese en exercer a escoita activa e saber: ata onde queres levar o teu negocio?
Propoñer
O conxunto de plans e accións que se poderían desenvolver para lograr os diferentes obxectivos que persegues.
Acordar
Acordar contigo por onde queres que empecemos a traballar, establecendo as prioridades dun xeito claro. Así poderemos presentarche un cronograma no que figuren os obxectivos de cada unha das fases e os resultados esperados (produto mínimo viable).
Sumarnos ao teu equipo
Ou, dito doutro xeito, «arremangarnos» para facer a nosa labor. Farémolo contigo e as persoas que designes, quen serán unha parte fundamental do proceso.
E así, xuntos, comezaremos a buscar e dar forma ás respostas para lograr levar o teu negocio ata onde queres.
O desenvolvemento de cada proxecto estará documentado: con carácter global, facendo referencia ás diferentes accións chave, así como con aqueles manuais ou guías que faciliten a implantación das solucións escollidas. E, como non podía ser doutra maneira, este é un proceso flexible, que está vivo, que se adaptará ás novas realidades e necesidades que poidan xurdir…, pero sempre co obxectivo de darche apoio no crecemento e na evolución do teu negocio.