Somos Manuel Chorén e Carmen San Martín, dous profesionais con máis de dúas décadas de experiencia no ámbito do márketing, as vendas e a definición e implantación de estratexias. Qanu21 é o noso proxecto máis persoal. Cremos que para «facer empresa» as persoas son o máis importante, por iso abordamos os nosos proxectos cunha filosofía clara: somos persoas que traballamos con persoas, creando e medrando xuntos.

Somos o catalizador para que os teus proxectos se materialícen e sexas máis competitivo

Qanu21 agrupa a un equipo de profesionais que queremos axudar no desenvolvemento do teu negocio.

Misión

Ser xeradores de cambio para que autónomos e pequenos empresarios poidan alcanzar os seus obxectivos e fixar metas novas a través de accións de planificación e desenvolvemento estratéxico a medida.

En Qanu21 sabemos que a falta de tempo, recursos e persoas poden ser freos para poder abordar novos proxectos, optimizar a actividade e medrar. Axudamos a autónomos, negocios e pequenos empresarios a crecer e ser máis competitivos, deseñando plans e materializando accións, sempre buscando a orientación ao valor. Para facelo aportamos a nosa experiencia e a a nosa rede de colaboradores.

Queremos converternos nos mellores catalizadores do cambio para os nosos clientes, contribuíndo á súa evolución a través da xeración de modelos de negocio máis rendibles e competitivos.

CONTACTAR

Visión

Axudar a profesionais e pequenas empresas a lograr as súas metas e obxectivos, a evolucionar e medrar.

Conseguímolo a través de accións deseñadas a medida sustentadas na análise, desenvolvemento estratéxico e a creatividade. Traballamos creando un espazo de diálogo continuo, de confianza mutua, de transparencia e de coherencia, que se traduce en accións e resultados tanxibles.

Valores

Os piares sobre os que se asenta Qanu21 son o equilibrio, no noso método de traballo, e a alma, que representa os valores da nosa esencia.

Equilibrio

Do latin aequilibrium. Contrapeso, contrarresto ou harmonía entre cousas diversas.

Relación cliente‑provedor

Baseada na escoita activa para entender e aprender, non para «contestar». Dar respostas e solucións é parte do proceso, pero só poderemos facelo unha vez que coñezamos o teu negocio, as túas inquedanzas e os teus obxectivos.

Plans, prioridades e recursos

Propoñerémosche plans e accións a desenvolver. O seguinte paso será definir contigo, cales queres levar a cabo, priorizar que se pode facer en cada momento, planificalo e dotalo de recursos.

Deseño e acción

Facer que os plans que decidamos conxuntamente se convertan en realidades, será a nosa misión: definiremos os prazos, buscaremos aos provedores, propoñeremos accións correctoras… en definitiva, activaremos todos os mecanismos necesarios para a súa materialización.

Experiencia e creación da rede

A nosa traxectoria profesional ensinounos que cada cliente é único e as necesidades de cada un son diferentes. Co obxectivo de dar unha cobertura integral contamos con colaboradores, expertos en distintas áreas. Deste xeito abordamoscada proxecto coa proximidade, flexibilidade e personalización que require.

Alma

Do latín anĭma. Principio sensitivo que dá vida. Viveza, espírito, enerxía. Existe a crenza popular de que pesa 21 gramos.

Qanu21 nace cun propósito claro: axudar

Facémolo a través dos valores que máis nos representan e moven: integridade, honestidade, que se pode confiar en nós, responsabilidade e coherencia…  … e con toda a alma.

Agora que nos coñeces,en que podemos axudarche?

CONTACTAR